Sunday 28 de April de 2024

Arranca o segundo tramo das obras na rede de saneamento da rúa O Recreo


O Concello de Ordes iniciou o segundo tramo das obras de reparación da rede de saneamento situadas na rúa O Recreo. Ao longo dos vindeiros días intervirase nun tramo aproximado de 50 metros nas inmediacións da ponte pola que transcorre o río Mercurín, procedendo coas canalizacións de saneamento e pluviais. Trátase dunhas obras de reparación e mellora coas que se evitarán filtracións nas vivendas e baixos da zona. En total o Concello investirá arredor de 43.000 euros nesta intervención moi demandada polos residentes da zona.